Actos arredor do 08 de Marzo nos que intervirá Podemos Arousa
Fai uns meses lin
un artigo sobre a linguaxe inclusiva no que facían unha comparativa do emprego
de pronomes neutros nalgúns países contra a maior diferenciación entre
pronomes e substantivos segundo o xénero noutros, e o relacionaban coa
desigualdade e a brecha salarial entre xéneros. Dábase o feito de que en países con menor
desigualdade o emprego dos pronomes neutros evidenciábase máis normalizado, e nos países
nos que a desigualdade é máis palpable non semellaba que fora habitual o emprego de substantivos e
pronomes neutros. Precisamente esta semana atopei o seguinte texto nas redes,
escrito pola escritora e pensadora feminista francesa Monique Wittig(1935-2003),
e que me pareceu moi interesante:
"Destruir a las categorías
de sexo en política y en filosofía, destruir al género en el lenguaje (al
menos modificar su uso) es parte de mi obra como escritora. Una parte
importante, puesto que no puede ocurrir una modificación tan central sin una
transformación del lenguaje como un todo. (…) El verdadero punto en cuestión es
un cambio estructural en el lenguaje, en sus nervios, en su enfoque. Pero no es
posible efectuar cambios en el lenguaje sin hacer cambios paralelos en
filosofía, en política y en economía, porque como las mujeres están marcadas en
el lenguaje por el género, están marcadas en la sociedad como sexo. Los
pronombres personales dirigen el género a través del lenguaje, y los pronombres
personales son el tema principal de cada uno de mis libros, con excepción de
Lesbian Peoples: Material for a Dictionary, escrito con Sande Zeig. Son los
motores para los que hay que diseñar partes funcionales, y como tales crean la
necesidad de la forma."
Ambos textos establecen unha correlación entre linguaxe e igualdade pero o
segundo xa vai máis alá facendo fincapé en que para que se produza un cambio real, para acadar por fin esa sociedade igualitaria, ten
que darse primeiro un cambio coordinado. Probablemente o primeiro paso a dar-porque
precisamente é un cambio que se pode articular lexislando-, é o de acadar a igualdade en
materia económica e laboral. Precisamente lembro que no primeiro artigo falábase tamén da
brecha salarial, para a que existen diferentes teorías que agora non vou a expoñer. Pero o que me chamou a
atención é o feito de que a xente que xustifica esa brecha salarial o fai dende a
perspectiva de que o obxectivo final da mesma é precisamente a normalización da incorporación da muller ao mercado de traballo. Persoalmente coido que se falamos de igualdade
resulta bastante incoherente tratar de acadala discriminando precisamente á
parte da poboación que é víctima desa posición de desigualdade. Por isto, por cousas como esta é que a presentación o luns do documento de Podemos,“Reorganizar la
economía de cuidados”, supón un sopro de aire fresco. Porque en definitiva trátase
dunha proposta que pretende chegar a igualdade a través de políticas igualitarias,
algo que por outro lado é de sentido común. Equiparación de permisos de
maternidade/paternidade, corresponsabilidade dentro da unidade familiar,
equiparar os dereitos das empregadas do fogar ao resto de traballadores/as,
eliminación dos incentivos á contratación temporal -tipo de contratos máis acusados nas
mulleres- e reducción da xornada laborala 35 horas semanasis para todas e todos -favorecendo así a conciliación-, son só algúns dos
exemplos das medidas das que fala dito documento. Unha que me parece especialmente interesante é
a eliminación da figura do coidador/a no entorno familiar para pasar a
profesionalizar dita figura. O compañeiro José María Villaverde, quen pasa gran
parte do ano en Dinamarca, fala a miúdo do modelo Danés. Neste modelo-segundo palabras de José María- a carga
non se traslada ás familias como sucede en España, senón que é algo que lle
compete ao estado. Ocorre tamén que cando falamos de familia en España realmente estamos a
falar das mulleres, así que a carga en España trasládase maioritariamente a estas. E mentres este modelo continúe articulando a nosa sociedade
a igualdade é unha meta que queda demasiado lonxe. O novo documento económico de Podemos pode ser un primeiro paso nese
cambio de modelo. Logo quedaría a ardua tarefa de andar o camiño, pero é importante que nos decatemos de que o camiño é precisamente ese. Así que esta semana como muller síntome
especialmente orgullosa de formar parte de Podemos, porque estou segura de que xuntas e xuntos podemos #RecuperarLaEconomía
#EsAhoraYConNosotras