viernes, 8 de agosto de 2014

MULLERES PRECURSORAS




 © RIA Novosti. Alexander Mokletsov



Camiñar por terreos descoñecidos sempre nos procura unha sensación de vertixe. Como a meniña/o que da o seus primeiros pasos, o facemos tremendo, inseguras/os, buscando un sostén ó noso arredor.  Pero non hai que esquecer que, a pesar das caídas e o medo, as nenas/os acaban por erguerse e empurrar cara adiante. Sempre existiron mulleres que a pesar dos obstáculos internáronse en terreos onde non o fixera ningunha outra muller. Mulleres nas que ese empuxe da infancia non foi derrotado pola sociedade. Mulleres pioneiras que cos seus actos afirmaron o chan para que logo outras mulleres avanzaran con maior seguridade orientadas polo compás dos seus pasos. Mulleres coma Svetlana Savítskaya (nada en 1948), quen foi a primeira muller en camiñar polo espazo exterior, feito que tivo lugar na súa segunda viaxe ó cosmos(sendo tamén a primeira muller en viaxar dúas veces ó espazo)en calidade de mecánica de voo da nave Soyuz T-12 e a estación Saliut 7. Antes que ela a cosmonauta Valentina Tereshkova fora a primeira muller en viaxar ó espazo. Hoxe é o aniversario de Sevetlana Svítskaya. Non está de máis lembrarnos nesta data dunha muller que contribuíu a ampliar o horizonte das mulleres incluso máis alá do noso planeta. E, aínda que queda moito por percorrer, de vez en cando pensar  nesas mulleres, tanto coñecidas como anónimas, que coa súa valentía contribuíron a que o terreo que hoxe pisamos sexa un pouco máis firme.


Graciñas ao compañeiro Pablo por facernos chegar esta información. Deixo os enlaces das fontes que se empregaron para escribir este breve texto: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario